Archive for Maio, 2008

A voz de Galícia

Martes, Maio 13th, 2008

Choray, meus ollos, choray.
Portugal, meu hirmanziño,
A Soedade é nosa nay,
Noso berce, o rio Miño.

Viñemos ô mundo xuntos,
Co’o mesmo céo nos vestimos,
Andamos sempre tan xuntos,
Que xuntos sempre sentimos.

Hirmán, cuberto de brillos,
Qu’os teus mortos acariñas,
Os teus fillos son meus fillos,
Y-as tuas doores son miñas.

Choras e cantas ben sei:
-Choras porque eles morreron,
Cantas porque eles venceron,
Y-eu tamén choro e cantei.

Tu vives n’o meu cariño,
Teus sentidos n’os meus pasan,
Os brazos d’o rio Miño
Son meus brazos que te abrazan.

Deixa que acend’á memoria
De teus fillos, esta cruz.
¡Quero dar luz a esa grória
Qu’encheu teu sangre de luz!

Nese cortexo d’a guerra
En que s’ergue teu perdón,
Vay a Alma d’esa Terra
E vay o meu corazón.

Eu son a manziña erguida
Dun-ha santa qu’en min pasa,
¡Tu é-la luz encendida
Sobr’o camiño d’a Raza!

Alfredo Pedro Guisado (1891-1975)

Limiar da Antoloxía

Martes, Maio 13th, 2008

Con este, comezamos a publicación de diversos textos procedentes da nosa Antoloxía poética. É o limiar que presentaba a obra:

(máis…)

Agasallamos o noso libro a María Lado e X.L. Rivas 'Mini'

Martes, Maio 13th, 2008

Como xa comentei no Taboleiro de Fillos de Galicia, tras asistir á moi recomendable obra teatral “Pan” de Voltaedalle teatro, tiven a ocasión o pasado venres 9 de Maio lles de entregar como agasallo a nosa Antoloxía Poética a dous dos seus participantes: María Lado e Xosé Luís Rivas, Mini. Actriz-poetisa e músico amosáronse moi gratos e devecemos por que nos envíen a súa opinión cando o lean. 🙂

Nace o blog da Diáspora Poética Galega!

Martes, Maio 13th, 2008

Benvidos a este novo proxecto poético en blog, nado a partir da experiencia colectiva da publicación da “Antoloxía poética da diáspora galega” posta en marcha pola Asociación Cultural Fillos de Galicia. Este é o segundo froito derivado daquela publicación, tras a creación da lista LIRICA-L.

Comezaremos publicando aquí textos procedentes desa obra, como maneira de dala a coñecer, pero iremos alén e os autores que participamos nela (e outros que se nos vaian sumando) seguiremos compartindo aquí textos con todos os internautas galegos amantes da poesía.

Se queres facer parte deste blog colectivo podes solicitar unha conta con permisos de publicación a poetica ARROBA fillos PUNTO org.