Archive for Xuño, 2010

Amor á lingua

Martes, Xuño 1st, 2010

(Un “poema” que foi escrito como humilde e respectuosa resposta a unha pregunta de Manuel (tes amor pola lingua?)  Convidoume a compartilo. Fágoo hoxe, un pouco máis tarde. Desculpas e grazas.)

Amor á lingua

Amor á lingua pídesme?

Disme se amo o que sempre amei?

A lingua que falaba a aldea

que o meu avó un día deixou?

Con el, miña avoa

e tres nenos pequenos

subiron a un barco

que aquí chegou,

onde eu agora escribo

con sorriso triste

triste sorriso dunha vella dor.

Meu avó soñaba

cun mundo novo.

Non foi “cobardía”

nunca foi traizón.

Cosas dun pobre labrego

que aquí buscaba un pouco

de algo mellor.

E  aquí eu dígoche

que a súa lingua

eu ámoa, e moito,

por bela, por doce,

por suave, por recia…

¡e por perseguida,

pero como non!

Dos meus avós,

aquí, nesta terra,

esa lingua amo

esa lingua eu son.