Archive for the ‘editoriais’ Category

Últimos agasallos da nosa Antoloxía

Mércores, Maio 13th, 2009

Quero deixar constancia aquí dos últimos persoeiros da nosa amada cultura aos que tivemos a ocasión de agasallar exemplares da nosa Antoloxía Poética:

  • Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero. Músico, mestre e poeta, compoñente histórico de Fuxan os Ventos e actualmente na Quenlla.
  • Luz Fandiño. Veterana poetisa, moitos anos emigrada, e activista nas trincheiras da nosa lingua.
  • Comba Campoy. Xornalista e actriz.

Grazas a todos eles polo ben que recibiron esta modesta obra.

Limiar da Antoloxía

Martes, Maio 13th, 2008

Con este, comezamos a publicación de diversos textos procedentes da nosa Antoloxía poética. É o limiar que presentaba a obra:

(máis…)

Agasallamos o noso libro a María Lado e X.L. Rivas 'Mini'

Martes, Maio 13th, 2008

Como xa comentei no Taboleiro de Fillos de Galicia, tras asistir á moi recomendable obra teatral “Pan” de Voltaedalle teatro, tiven a ocasión o pasado venres 9 de Maio lles de entregar como agasallo a nosa Antoloxía Poética a dous dos seus participantes: María Lado e Xosé Luís Rivas, Mini. Actriz-poetisa e músico amosáronse moi gratos e devecemos por que nos envíen a súa opinión cando o lean. 🙂

Nace o blog da Diáspora Poética Galega!

Martes, Maio 13th, 2008

Benvidos a este novo proxecto poético en blog, nado a partir da experiencia colectiva da publicación da “Antoloxía poética da diáspora galega” posta en marcha pola Asociación Cultural Fillos de Galicia. Este é o segundo froito derivado daquela publicación, tras a creación da lista LIRICA-L.

Comezaremos publicando aquí textos procedentes desa obra, como maneira de dala a coñecer, pero iremos alén e os autores que participamos nela (e outros que se nos vaian sumando) seguiremos compartindo aquí textos con todos os internautas galegos amantes da poesía.

Se queres facer parte deste blog colectivo podes solicitar unha conta con permisos de publicación a poetica ARROBA fillos PUNTO org.