Diáspora Poética http://diasporapoetica.blogaliza.org Outro blogue blogaliza.org Thu, 10 Jun 2010 18:23:44 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 Amor á lingua http://diasporapoetica.blogaliza.org/2010/06/01/amor-a-lingua/ http://diasporapoetica.blogaliza.org/2010/06/01/amor-a-lingua/#comments Mon, 31 May 2010 23:59:07 +0000 http://poetica.fillos.org/?p=61 (Un “poema” que foi escrito como humilde e respectuosa resposta a unha pregunta de Manuel (tes amor pola lingua?)  Convidoume a compartilo. Fágoo hoxe, un pouco máis tarde. Desculpas e grazas.)

Amor á lingua

Amor á lingua pídesme?

Disme se amo o que sempre amei?

A lingua que falaba a aldea

que o meu avó un día deixou?

Con el, miña avoa

e tres nenos pequenos

subiron a un barco

que aquí chegou,

onde eu agora escribo

con sorriso triste

triste sorriso dunha vella dor.

Meu avó soñaba

cun mundo novo.

Non foi “cobardía”

nunca foi traizón.

Cosas dun pobre labrego

que aquí buscaba un pouco

de algo mellor.

E  aquí eu dígoche

que a súa lingua

eu ámoa, e moito,

por bela, por doce,

por suave, por recia…

¡e por perseguida,

pero como non!

Dos meus avós,

aquí, nesta terra,

esa lingua amo

esa lingua eu son.

]]>
http://diasporapoetica.blogaliza.org/2010/06/01/amor-a-lingua/feed/ 1
Adios a Mario Benedetti http://diasporapoetica.blogaliza.org/2009/05/20/adios-a-mario-benedetti/ Wed, 20 May 2009 19:00:09 +0000 http://fillos.org/diaspora-poetica/?p=7 Comparto estos versos, escritos en los días en que supimos del delicado estado de salud del poeta. Sin duda, ha dejado un gran vacío en la literatura mundial. Descanse en paz.

Y si la hora llega

“Voy a cerrar los ojos en voz baja”MB

(a Mario Benedetti)

Y si la hora llega

en que la muerte, toque la puerta

la tan temida

la tan despreciada

la tan pensada

sea su paso de luto y mortaja

el paso lento de apacible mañana

y aquel suspiro, del que busca en la nada

se apague de a poco

cual candelero que dió su luz

en noches aciagas.

Se iluminé el rostro de quién soñó

con soles y universos

y ya dispuesto, quede tranquilo

como quien duerme

sobre la almohada.

Berlín, 30 abril de 2009

]]>
Últimos agasallos da nosa Antoloxía http://diasporapoetica.blogaliza.org/2009/05/13/ultimos-agasallos-da-nosa-antoloxia/ Wed, 13 May 2009 16:15:39 +0000 http://fillos.org/diaspora-poetica/?p=6 Quero deixar constancia aquí dos últimos persoeiros da nosa amada cultura aos que tivemos a ocasión de agasallar exemplares da nosa Antoloxía Poética:

  • Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero. Músico, mestre e poeta, compoñente histórico de Fuxan os Ventos e actualmente na Quenlla.
  • Luz Fandiño. Veterana poetisa, moitos anos emigrada, e activista nas trincheiras da nosa lingua.
  • Comba Campoy. Xornalista e actriz.

Grazas a todos eles polo ben que recibiron esta modesta obra.

]]>
A voz de Galícia http://diasporapoetica.blogaliza.org/2008/05/13/a-voz-de-galicia/ Tue, 13 May 2008 11:28:37 +0000 http://fillos.org/diaspora-poetica/?p=5 Choray, meus ollos, choray.
Portugal, meu hirmanziño,
A Soedade é nosa nay,
Noso berce, o rio Miño.

Viñemos ô mundo xuntos,
Co’o mesmo céo nos vestimos,
Andamos sempre tan xuntos,
Que xuntos sempre sentimos.

Hirmán, cuberto de brillos,
Qu’os teus mortos acariñas,
Os teus fillos son meus fillos,
Y-as tuas doores son miñas.

Choras e cantas ben sei:
-Choras porque eles morreron,
Cantas porque eles venceron,
Y-eu tamén choro e cantei.

Tu vives n’o meu cariño,
Teus sentidos n’os meus pasan,
Os brazos d’o rio Miño
Son meus brazos que te abrazan.

Deixa que acend’á memoria
De teus fillos, esta cruz.
¡Quero dar luz a esa grória
Qu’encheu teu sangre de luz!

Nese cortexo d’a guerra
En que s’ergue teu perdón,
Vay a Alma d’esa Terra
E vay o meu corazón.

Eu son a manziña erguida
Dun-ha santa qu’en min pasa,
¡Tu é-la luz encendida
Sobr’o camiño d’a Raza!

Alfredo Pedro Guisado (1891-1975)

]]>
Limiar da Antoloxía http://diasporapoetica.blogaliza.org/2008/05/13/limiar-da-antoloxia/ Tue, 13 May 2008 11:15:06 +0000 http://fillos.org/diaspora-poetica/?p=4 Con este, comezamos a publicación de diversos textos procedentes da nosa Antoloxía poética. É o limiar que presentaba a obra:


Comezarei co que non é. Esta escolma non é unha selección de poemas que traten sobre a emigración galega. A nosa intención non foi converteir unha determinada temática no eixo ou criterio selectivo da antoloxía, senón as persoas: os poetas de expresión galega que viven na diáspora, os poetas galegos do mundo. Poetas nun sentido amplo, no que manda máis o sentimento que o curriculum, a vocación de se expresaren usando a nosa lingua –ou cando menos tendo na mente a súa galeguidade– que a relevancia ou prestixio que poida dar ter obra publicada. Moitos dos que finalmente recollemos neste libro –insisto: sen unidade temática nin estilística, pero si persoal, vital– son por tanto poetas descoñecidos, tanto dentro como fóra da Galiza territorial. Outros teñen máis ou menos sona no seu país, e hainos tamén que só son atopables na Rede.

Este proxecto naceu do longamente agarimado soño de lles darmos voz a eses poetas invisibles, a eses modestos poetas lonxanos, –illas galegas náufragas en mares doutras culturas, doutras linguas– sacar os seus sentimentos do privado ao mundo, desde ese constante agromar que contemplabamos, do que eramos conscientes polo noso traballo cultural e social de interacción coa diáspora galega no mundo, xuntando un feixe representativo desas obras e dándolle o soporte físico que merecía. E non puidemos facer ese soño realidade ate hoxe, que co apoio da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia fomos quen de financiar esta modesta edición, que vai multiplicar a potencia desas pequenas voces ate facelas chegar a todos os que queiran escoitar estoutra poesía galega, a que nos vén de fóra. Disque somos un pobo que leva a lírica nos xenes, que Galiza é un país de poetas: nós queremos amosar que esa lírica non ficou atrás cando parte do país fixo as maletas. Levárona con eles, porque non se pode deixar atrás aquilo que nos fai ser o que somos. E iso hérdase, trasmítese coma a morriña, dun xeito inexplicable, a aqueles que nunca pisaron a Terra Nai. Así é que nos naceron sempre (Camões, Cervantes Saavedra, Juana de Ibarburu, Erin Moure, Rodolfo Alonso…) e nos se seguen a nacer aínda hoxe poetas galegos fóra de Galiza.

Xa que logo, o principal logro desta obra é a súa propia existencia. Por vez primeira –que a nós nos conste– dase a palabra a todo galego de corazón sen mirarlle a súa procedencia, o seu documento de identidade, nin o seu idioma de expresión. Así e todo, partindo de que a literatura galega é a literatura en galego, realizamos algunha tradución das obras remitidas e pedimos que de non estar escritos en galego –en calquera das variadas formas que ten o noso idioma na diáspora–, os poemas achegados polos autores fosen cando menos de temática galega. Temos por tanto como resultado unha obra lírica construida con Galiza no corazón, ben como tema ou ben implicitamente polo uso do idioma. Este é un feito moi descoñecido na Galiza territorial: o idioma galego pervive en moitos lugares do mundo pero non só como un idioma familiar, senón que é usado para expresarmos, para comunicarmos, para crearmos arte, para facermos poesía, para contarmos unha visión do mundo… por galegos que levan anos fóra, pero tamén –velaí a esperanza! velaí o grande tesouro que pretende descubrir esta obra! – por parte dos fillos e os netos dos que marcharon. Somos un pobo dual, unha Nación Mundial, non soamente un censo de residentes ausentes do que se lembrar o día das eleccións. O galego e a galega sono vivan onde vivan, naceran onde naceran, só con que o seu sentimento e expresión así llelo revele. Polo tanto, seguindo o espíritu daquelas famosas verbas do poeta chairego Manuel María, non somos emigrantes, somos Galiza. Porque somos pobo, porque somos fala. Somos a diáspora que soña, crea, vive en galego; que afastada da súa raíz, bota raíces aéreas nunha lingua que nos fai ser quen somos.

Un fenómeno imparable como a Comunidade Virtual Fillos de Galicia (Fillos.org) demostra o lado social, comunicativo e mesmo politicamente activista desa diáspora. Agora chega a hora de amosar outra faciana desoutra Galiza: o lado creador, artístico. A poesía galega no exterior non se limita a Seoane e Varela, aos “Castellanos de Castilla, tratade ben os galegos…”, A viaxe ao país dos ananos, a Neira Vilas ou as revistas literarias históricas publicadas no exilio… non é algo puntual, coxuntural, historia da literatura: ten futuro. Mentres existan galegos no mundo, a nosa lingua terá poetas espallados polo el adiante. Porque non só se expresa en galego o exiliado económico, o que pretende voltar, derrubado e a vez afirmado polo tempo, / en moitedume, / con tódolos que erráneos coma eu andan esparexidos polo mundo (Luís Seoane, Fardel de Eisiliado, 1952). Esta antoloxía pretende salientar que hai unha poesía nova entre os outros galegos, os nados-aló, os que non esperan necesariamente ese retorno bíblico á Terra Prometida. E polo tanto o tema que imos atopar nestas páxinas non é sempre a saudade, a lembranza, a dor da amputación migratoria, o choque cultural, o desapego… os temas son outros, máis amplos, os mesmos que lles doen aos poetas galicianos. Aínda que posiblemente esa lírica de ampla temática está infrarrepresentada no resultado final desta escolma. Como tamén é certo que moitos quedaron fóra, e que os que participan non o fan máis que cunha pequena mostra da súa obra. Porén, a temática migratoria segue a ter un grande peso nestas páxinas, porque é o primeiro, é o cerne da súa propia existencia como exogalegos. Pero xa non é o único tema: a nosa lingua está a servir, cada día máis, para que os que xa non se consideran parte da emigración –porque eles nunca migraron– senón parte da Diáspora, expresen nela todo tipo de sentimentos en forma lírica.

A obra que tes agora nas mans, galega ou galego de aquí ou de acolá, foi ideada na diáspora por un fillo de galegos nado na Basconia, axudada a coordinar por un galego emigrado actualmente en Suíza, e formada a partir de obras escritas nunha presada de países por moi diversos galegos e descendentes (galegos todos), moitos deles vellos ou novos participantes en Fillos.org, escritas en galego, en castelán, mesturando ambas linguas, ou mesmo en português ou inglés. Sen dúbida é unha representación escasa do amplo colectivo poético da nosa diáspora, pero é un comezo. Tivemos tamén o desexo de incluirmos a alguén do pasado: Alfredo Pedro Guisado, un poeta inxustamente descoñecido, un fillo de galegos nado en Portugal en 1891, para abrir con el a escolma e dar sentido de continuidade histórica á nosa lírica exterior: grazas a Isaac Alonso Estravís pola súa descoberta. Saibamos de onde vimos e cara a onde seguimos indo, coa lírica inserta nos nosos migrantes xenes. Con este libro, unha vez máis, en Fillos de Galicia estamos a facer de ponte entre as dúas partes inseparables da nosa alma. Non podemos senón expresar satisfacción e agradecemento cara a todos os que o fixeron posible. Grazas por lle dardes luz e aire ao noso sentir.

Manuel Casal Lodeiro

Secretario e xestor técnico da Asociación Cultural Fillos de Galicia (www.Fillos.org)

O Milladoiro (Ames), Novembro de 2007

…no seu retorno trasxeracional.

]]>
Agasallamos o noso libro a María Lado e X.L. Rivas 'Mini' http://diasporapoetica.blogaliza.org/2008/05/13/agasallamos-o-noso-libro-a-maria-lado-e-xl-rivas-mini/ http://diasporapoetica.blogaliza.org/2008/05/13/agasallamos-o-noso-libro-a-maria-lado-e-xl-rivas-mini/#comments Tue, 13 May 2008 10:44:05 +0000 http://fillos.org/diaspora-poetica/?p=3 Como xa comentei no Taboleiro de Fillos de Galicia, tras asistir á moi recomendable obra teatral “Pan” de Voltaedalle teatro, tiven a ocasión o pasado venres 9 de Maio lles de entregar como agasallo a nosa Antoloxía Poética a dous dos seus participantes: María Lado e Xosé Luís Rivas, Mini. Actriz-poetisa e músico amosáronse moi gratos e devecemos por que nos envíen a súa opinión cando o lean. 🙂

]]>
http://diasporapoetica.blogaliza.org/2008/05/13/agasallamos-o-noso-libro-a-maria-lado-e-xl-rivas-mini/feed/ 1
Nace o blog da Diáspora Poética Galega! http://diasporapoetica.blogaliza.org/2008/05/13/hello-world/ http://diasporapoetica.blogaliza.org/2008/05/13/hello-world/#comments Tue, 13 May 2008 10:30:19 +0000 http://192.168.0.3/weblogs/wordpress_2_3/?p=1 Benvidos a este novo proxecto poético en blog, nado a partir da experiencia colectiva da publicación da “Antoloxía poética da diáspora galega” posta en marcha pola Asociación Cultural Fillos de Galicia. Este é o segundo froito derivado daquela publicación, tras a creación da lista LIRICA-L.

Comezaremos publicando aquí textos procedentes desa obra, como maneira de dala a coñecer, pero iremos alén e os autores que participamos nela (e outros que se nos vaian sumando) seguiremos compartindo aquí textos con todos os internautas galegos amantes da poesía.

Se queres facer parte deste blog colectivo podes solicitar unha conta con permisos de publicación a poetica ARROBA fillos PUNTO org.

]]>
http://diasporapoetica.blogaliza.org/2008/05/13/hello-world/feed/ 1
Poema "Caminante" de Norma Neli Rodríguez Vallejo http://diasporapoetica.blogaliza.org/2007/07/25/poema-caminante-de-norma-neli-rodriguez-vallejo/ Wed, 25 Jul 2007 06:51:29 +0000 http://poetica.fillos.org/?p=29 En homenaje a mi abuela MARIA NIEVES SE�ARIS

CAMINANTE

Fue caminante
de su sendero,
Forjó su vida con ilusión,
Dejó,sus lágrimas
en su Galicia..
La cual llevaba en su corazón
Fue caminante
de su sendero
Con cada hijo lo compartió,
Guardando sueños de su Galicia
llenó su mundo con ilusion…
Fue caminante de su sendero
Y hoy fue su nieta la que volvió…….

Publicado anteriormente en PlanetaGalego

]]>
Poema "Origenes y Nostalgias" de Norma Neli Rodríguez Vallejo http://diasporapoetica.blogaliza.org/2007/07/25/poema-origenes-y-nostalgias-de-norma-neli-rodriguez-vallejo/ Wed, 25 Jul 2007 06:45:26 +0000 http://poetica.fillos.org/?p=20

ORIGENES Y NOSTALGIAS

Hoy quizás sin querer comienza
una nueva etapa de mi vida
Esa que se perdió en mi niñez
recuerdos alegres
que se quedaron prendidos en mi alma
Y, grabados a fuego en mi corazón
Son mis orígenes
esos que al tirar de un hilito
reaparecieron de golpe
trayendo mas emoción,
y mas alegría a mis días
Esos que cuando mi abuela vivía
lo escuchaba de su boca
Y de sus cuentos de España…
Esa cuna que ella tanto amaba
como tantos emigrantes,
que aún reflejan
con sus cantos y nostalgias..
los ” OLE” de su querida España……

Publicado anteriormente en PlanetaGalego

]]>
Poema "Peregrinos de la Vida" de Norma Neli Rodríguez Vallejo http://diasporapoetica.blogaliza.org/2007/07/25/poema-peregrinos-de-la-vida-de-norma-neli-rodriguez-vallejo/ Wed, 25 Jul 2007 06:45:04 +0000 http://poetica.fillos.org/?p=18 DEDICADO A TODOS LOS EMIGRANTES

PEREGRINOS DE LA VIDA

Emigrantes, somos todos
Peregrinos de la vida
un país donde no hay guerras
pero si hambre y miseria
El exodo comenzó un día
dejó lágrimas en las madres
dejó familias deshechas
culpables son los que fueron
generador de pobreza
Emigrantes, somos todos
los que fueron, los que somos
sin razas, religiones ni credos
unos antes otros ahora
Peregrinos de la vida
Emigrantes de su tierra….

Publicado anteriormente en PlanetaGalego

]]>