Acerca de nós

Benvidos a este novo proxecto poético en blog, nado a partir da experiencia colectiva da publicación da “Antoloxía poética da diáspora galega” posta en marcha pola Asociación Cultural Fillos de Galicia. Este é o segundo froito derivado daquela publicación, tras a creación da lista LIRICA-L.

Capa da antoloxía poética da diáspora galega

Comezaremos publicando aquí textos procedentes desa obra, como maneira de dala a coñecer, pero iremos alén e os autores que participamos nela (e outros que se nos vaian sumando) seguiremos compartindo aquí textos con todos os internautas galegos amantes da poesía.

Se queres facer parte deste blog colectivo podes solicitar unha conta con permisos de publicación a poetica ARROBA fillos PUNTO org.


Ficha do libro:

  • Ano publicación: 2007.
  • Idiomas: galego, castelán, portugués, inglés… e castrapo?? 😉
  • ISBN: 978-84-612-1748-9.
  • Prezo: 9 euros.
  • Páxinas: 176.

Índice de autores:

  1. Alfredo Pedro Guisado
  2. José E. Conde Masdiaz
  3. Juan Antonio Aguilar Abad
  4. David Ferreiro Nieto
  5. Guido Roberto Lanzós
  6. Fernando Somoza Varela
  7. Stella Maris Latorre.
  8. Lito Caramés
  9. Margarida Santos
  10. Amauta Castro
  11. Neli Rodríguez
  12. Manuel Casal Lodeiro, Casdeiro
  13. Enríque Rodríguez Álvarez
  14. Roberto César Hermida
  15. Antonio José Francisco Rey
  16. Leónidas Lúa Lacorme
  17. Patricia Sanjorge
  18. Roxelio Diz Fuentes
  19. David Pereda
  20. Manuel Diz Ramos

One Response to “Acerca de nós”

  1. GALLAECIA di:

    …Coido que todo ser pensante ten na súa natureza máis íntima, un pouco de poeta. Sinte as cousas e fanlle sentir, ledicia, tristeza, melancolía, esperanza… Os galegos canto máis lonxe estamos da nosa terra, máis galegos nos sentimos, quizais para sentir esa morriña, ese puntiño que da sombra aos noso sentimentos máis primitivos, mais tamén máis sinceiros e para min, os únicos que coñezo.
    Este libriño está escrito por riba de todo por galegos, empregamos o noso corazón celtiña, non chegaremos a grandeza dos nosos deuses, a nosa Rosalía, o grande Castelao… mais todos nós levamos dentro a ese neniño que tan ben describiu Neira Vilas en “Memorias dun neno labrego”.
    Pois quen escribiu, escriben e escribirán na nosa lingua nai, somos un pouco os olliños de aquel rapaz que directa ou indirectamente, viu xente que tivo de marchar…