Agasallamos o noso libro a María Lado e X.L. Rivas 'Mini'

Como xa comentei no Taboleiro de Fillos de Galicia, tras asistir á moi recomendable obra teatral “Pan” de Voltaedalle teatro, tiven a ocasión o pasado venres 9 de Maio lles de entregar como agasallo a nosa Antoloxía Poética a dous dos seus participantes: María Lado e Xosé Luís Rivas, Mini. Actriz-poetisa e músico amosáronse moi gratos e devecemos por que nos envíen a súa opinión cando o lean. 🙂

Tags: , , ,

One Response to “Agasallamos o noso libro a María Lado e X.L. Rivas 'Mini'”

  1. Casdeiro di:

    Onte recibín esta mensaxe de María Lado:

    ola manuel,

    aínda non tiven tempo para che contestar e agradecer o agasallo do libro muitísimas gracias. comecei xa a darlle un ollo e ten moi boa pinta, cando menos como iniciativa, como moitas das vosas, paréceme impresionante.

    ando agora por terras almerienses de festival, en chegando a casa contareivos algo do libriño.

    Non fai falta dicir que agardamos ilusionados eses comentarios teus, María!