Posts Tagged ‘galicia’

A voz de Galícia

Martes, Maio 13th, 2008

Choray, meus ollos, choray.
Portugal, meu hirmanziño,
A Soedade é nosa nay,
Noso berce, o rio Miño.

Viñemos ô mundo xuntos,
Co’o mesmo céo nos vestimos,
Andamos sempre tan xuntos,
Que xuntos sempre sentimos.

Hirmán, cuberto de brillos,
Qu’os teus mortos acariñas,
Os teus fillos son meus fillos,
Y-as tuas doores son miñas.

Choras e cantas ben sei:
-Choras porque eles morreron,
Cantas porque eles venceron,
Y-eu tamén choro e cantei.

Tu vives n’o meu cariño,
Teus sentidos n’os meus pasan,
Os brazos d’o rio Miño
Son meus brazos que te abrazan.

Deixa que acend’á memoria
De teus fillos, esta cruz.
¡Quero dar luz a esa grória
Qu’encheu teu sangre de luz!

Nese cortexo d’a guerra
En que s’ergue teu perdón,
Vay a Alma d’esa Terra
E vay o meu corazón.

Eu son a manziña erguida
Dun-ha santa qu’en min pasa,
¡Tu é-la luz encendida
Sobr’o camiño d’a Raza!

Alfredo Pedro Guisado (1891-1975)